A guerra dos números - Juan Darién
Referencia: 228711547
EAN: 9788498711547
Dimensiones: 25x23 cm.
Edad: de 3 a 7 anos.
Páginas: 48
Publicación: 2009
Temática: -.
Texto: Juan Darién
Ilustración: Juan Darién
Traducción: Marisa Núñez.
UN era un número moi pequeno. Sempre estaba só e sentía envexa dos demais, que tan superiores lle parecían. Un día, o Rei Menos deulle os planos para construír unha arma terrible: o Signo MENOS.
Facendo un uso simbólico e metafórico da operación matemática de restar, Juan Darién achéganos á loucura das guerras orixinadas por mor da crenza, de que todo aquilo que é diferente supón unha ameaza. Esta obra dedícase a desarmar semellante falacia e pon o acento en afirmar que o coñecemento dos outros enriquece e engrandece: non resta, suma.
Darién fai unha proposta iconográfica de marcada ambientación bélica a través dunha técnica de representación —colaxe dixital— de estrutura simple e formas primarias, multiplicadas baixo os efectos dun tratamento plástico-construtivo tan elemental como efectivo desde o punto de vista cromático.
Un conto para a paz que manexa conceptos como o da escravitude, o abuso, a resolución de conflitos…, pero tamén unha ferramenta didáctica para se familiarizar con códigos e procesos matemáticos.
Para iso, faise uso dun expresivo xogo tipográfico reservado aos personaxes principais, o que reforza a comprensibilidade dunha proposta que tenta tamén achegar conceptos matemáticos a lectores pouco avanzados e que, en calquera caso, nos permitirá gozar dunha disciplina que se vai comprendendo a medida que se fai uso dela.
E todo nun envoltorio repleto de valores universais como a liberdade, a paz, e o respecto aos demais e á diferenza.
Fuente: Texto extraído de reseña editorial.
Colección O de OQO: Contos con raíces, historias con alas, diálogos sen límites entre autores de onte e de hoxe, e estéticas que nacen en calquera recanto do planeta para suscitar vivencias e emocións, e asegurar que unha amizade secreta nos agarda entre a as páxinas dun álbum.
No disponemos de documentos de este producto.